Na liña das
novelas anteriores Diego Ameixeiras continua coa modernización do xénero negro
dándolle as súas pinceladas persoais, baseadas na brevidade, logrando que
cada frase teña a maior información posible cos mínimos recursos, quitando todo
o accesorio e que non aporta nada. Crea así, un estilo moi directo e conciso,
que obriga o lector a ler con calma dado que toda a información que nos aporta
é vital para entender a trama que nos
relata. Estamos ante unha novela cunha estrutura moi ben argallada dende
o comezo: todas as historias teñen relación entre elas, a veces son tan so pequenos
roces sen chegar a tocarse.
A novela avanza
fragmentada o longo de cinco días na que dous irmáns que viven, na cidade de
Santiago de Compostela procuran saír dunha vida precaria e baleira. A
oportunidade virá da man dun negocio ilegal e perigoso, unha vez que se lles presenta esta idea, como ven di o título da obra,
Ameixeiras conduciramos a gran velocidade, sen acougo e con moita violencia
ata o final da trama.
Non vemos
intención moralizantes no texto pero si un atisbo de esperanza para os dous
protagonistas principais, que aínda que están inmersos nun mundo de violencia e
traizóns parece que o amor pode triunfar entre eles.
Diego Ameixeiras Novelle, naceu en Lausana (1976), é xornalista e escritor galego.
Traballou como guionista para varias series da TVG (Terra de Miranda, Matalobos...). Foi co-guionista das longametraxes "18 comidas" (Jorge Coira, 2010) e "La mujer del Eternauta" (Adán Aliaga, 2011).
Na actualidade, sen deixar de lado a creación literaria, colabora no suplemento "Culturas" de La Voz de Galicia.
Entre as súas obras temos:
- Baixo mínimos (2004).
- O cidadán do mes (2006).
- Tres segundos de memoria. Premio Xerais de Novela, (2006).
- Dime algo sucio (2009).
- Asasinato no Concello Nacional. Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do ano 2011.
-Todo OK (2012).
- Matarte lentamente (2013).
- Conduce rápido (2014).
No hay comentarios:
Publicar un comentario